Estampas do mundo elegante

20,00 €

Xesús ‘Chichi’ Campos era experto en describir personaxes e ambientes, e facíao cunha ironía tan afilada que era quen de cortar como te achegases demasiado.

Fraga, Ramón Piñeiro, Blanco Amor ou Paco Vázquez son algúns dos nomes que pasan polo bisturí do doutor Campos nestas estampas que ilustran esa Galiza dos anos oitenta, que foi un espazo fervente de actividade. Pero tamén ilustrou momentos clave para o país como a chegada de Castelao a Galiza, a movida viguesa, “la arruga es bella” ou a guerra do Golfo, momentos que marcaron épocas e vidas foron esmiuzados por Chichi, el dáballe a volta á versión oficial e ensínounos que o rei ía espido desde o principio do conto.

Cantidad

Añadir a la lista de deseos

Estampas do mundo elegante (1992) é unha compilación dos artigos escritos por Chichi Campos para A Nosa Terra e que foron publicados entre decembro de 1983 e marzo de 1991.

Estas estampas volven agora, trinta anos despois, nunha edición coordinada polo seu fillo, Nico Campos, con trinta e sete colaboracións, que se din pronto: Aida Bao, Ana Ponte, Antonio Díaz Ageitos, Anxo Rabuñal, Belén Regueira, Camilo Franco, Carlos Ares, Carlos Gómez López (@ElHumanoide), Carlos Meixide, Carlos Santiago, Cristina Díaz Pardo, Daniel Salgado, David Lombao, Denís Estévez, Enrique Lojo, Fernando Fernández Rego, Gonzalo Cortizo, Gonzalo G. Velasco, Iria Taibo, Jose Manuel Sande, Julián Hernández, Ledicia Costas, Lidia Fraga, Luís Pardo, Mabel Montes, Manuel Barreiro, Manuel Rivas, Marcos Nine, María Yáñez, Marta Veiga Izaguirre, O’leo, Patricia A. Janeiro (@serióloga), Pilar Gª Rego, Tamara Montero, Valeria Pereiras, Xan Codesido e Xosé Hermida achegan os seus textos para acompañar estas estampas convertendo esta obra nun libro-tributo á persoa de Xesús Campos.

Todos os beneficios da venda deste libro irán destinados ao financiamento dun documental sobre a figura de Chichi Campos, dirixido polo seu fillo

2388970
Comentarios

No hay comentarios de clientes por el momento.

Escribe tu opinión